poesía para prosaicos

marialado_0039

a nosa experiencia catalana valeulle a helena unha reflexión sobre a prosa e a poesía, un relato precioso sobre nenos que rouban froita e pozos de tapas trilladas pola couce. mui bonita. e poética. poden lela aquí, na terra nosa.

poema perdido nunha botella

convidada por chisco escribo un poema para lanzar ao mar durante o encontro de embarcacións tradicionais que terá lugar en muros dentro de dúas semanas. un artista fará un artefacto contenedor para o poema e mandarémolo a navegar por aí. o poema levaba tíveno na cabeza durante días. agora téñoo aquí. pero a partir do domingo 12 se o ven por calquera praia saúdeno, ou, como se di pola miña terra, fálenlle sempre.

 

para o océano
ti eras só un neno de fanequeiras vermellas que  a area enterraba, 
un brazo fortemente prendido da miña saia morada

teño medo dos bichos, mami, dos bichiños do mar
e con forza de xigante collíaste da tea.

só así deixabas que o mar che lambese, sen avanzar, as pernas, 
cravados ti e eu fronte a liña pola que a tarde escapaba.
mollándose o rodo da saia coas puntas do mar 

ti
… acordaste diso? eras só un neno 

ao abrigo do monte de mallou
os dous éramos pequeniños, coma as caramuxas, no areal deitado
un dedo de brisa percorrendo as nosas costas 
peiteando as herbas de namorar no lombo da praia 

e esas outras prantas, mami, esas que son rabiños de coello
son, si. son.
e cando se moven así é porque os coellos están contentos
están

lémbralo? eu escribira fronte ao mar 

estás aquí neste poema, ves?
e mamá tamén
e o mar
e os bichiños do mar?
tamén, e os rabiños de coello

todos aquí dentro deste poema, nesta botella, aquí metidos construíndo un recordo deste día

bótala ao mar, meu amor?

pero calabas, agarrado á saia que a brisa preñaba.  
e a onde iremos?
a onde o mar nos leve
e habemos de volver
non sabemos
e ti estarás comigo?
ata o último verso.

dende a ribeira vímola marchar. ti e máis eu, do outro lado do poema,

acórdache?

                                  (poema perdido nunha botella)

cousas para facer en martes

rematar unha reseña de tebeo

buscar unha persoa que quede con be unhas horas

saír con tempo para aparcar o puto coche no centro

ir aquí e pasalo ben
securedownload

 

e, por suposto, convidar as miñas 30 mellores amigas!

os programas, coma as cereixas…

cando caen, sempre levan outro á par. Quen se despide nesta ocasión é Rivadulla Corcón, que mantiña na RG A casa do vagabungo: 

 

Estimados habitantes da Casa do vagabundo:

Xa sabedes que esta casa non ten ni paredes nin portas, tampouco xanelas nin tellado e pode emprazarse en calquera lugar do mundo onde alguén teña a intención de ler un libro feito con palabras na fermosa lingua dos galegos, e cada sábado as dúas e media se emprazaba na Radio Galega, así foi dende o 14 de xaneiro do 2006 ata o 20 de xuño do 2009, despois de 172 emisións e que pasasen pola casa 120 profesionais do libro: escritores, editores, críticos, traballadores de editoriais… 
O espazo tivo continuidade todos os veráns, pero no que está por chegar non será así, sen ter a certeza de que a volta do outono poderemos emprazar de novo a casa na Radio Galega, o asunto quedou pendente de conversa cos responsables da programación da emisora.
Resulta que cando se me comunicou a decisión xa non foi posible gravar e emitir un novo programa no que puidera despedirme como debera, agradecendo o cariño de toda a familia do libro galego.
Declaro que fun feliz facendo este programa porque cada persoa que veu á casa fíxome vivir un momento inesquecible. Cada un dos 172 programas son unha lembranza que perdurará por sempre. 
Pode parecer que A casa do vagabundo era un programa de radio, pero foi realmente un espazo para facer amigos. Coñecín alí por vez primeira a moitos dos convidados que por el pasaron e nesa breve media hora de conversa construíuse unha amizade con cada un deles. A verdade é que me sinto afortunado. Cos que xa era amigo houbo reencontros moi entrañables.
As veces emociónome e non me importa que así sexa, por isto non podo elaborar un aséptico escrito de despedida, así que mellor remato.
Grazas a todos e desculpas aos que non deu tempo que viñeran á casa.
Grazas en especial a Xurxo Souto que foi quen me pediu un día que fixera para a Radio Galega un programa sobre libros.
Se volvo no outono xa o saberedes, e se non saudádeme se nos cruzamos nalgunha rúa, estrada ou corredoira.
Cunha fonda aperta
X. H. Rivadulla Corcón

telesinatura de libro

mypicture-1foto-2foto-5

a petición de eli e valéndonos das moitas virtudes da informática e a internet, a semana pasada inauguramos a telesinatura de libro; isto é: asinei a distancia un nove. eu non teño imaxes dos pasos que din (asinar nun folio, escanear, encadrar en photoxop e enviar por meil) pero a eli si que fixo imaxes da parte 2 do proceso: imprimir, recortar e pegar no libro correspondente. 

a telesinatura de libro inclúe compromiso de posterior sinatura presencial, pero esixe caña e terraza. se alguén máis ten necesidade, podo asinar tamén libros doutros autores, non teño reparo

;)

libro aberto/libro pechado

non, non é un capítulo de barrio sésamo…é algo máis triste. lean vostedes mesmos a carta que envía o equipo do programa da tvg.

 

Amigos do programa “Libro aberto”:

Nestes días estase completando o proceso de renovación do equipo directivo da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, e os novos responsables da Galega tomaron a decisión de suprimir o Servizo de Cultura, creado en outubro de 2005.

Está por ver a continuidade de programas que nestes anos foron consolidándose na grella, como “Miraxes”, “Planeta cine”, “Alalá”, “Onda curta” ou “Ben falado!”. De momento, o primeiro que desaparece é “Libro aberto”

, cuxa última emisión será a da noite do 24 de xuño.

            Dado que ese programa de “Libro aberto”

xa está gravado e non hai nel ningunha despedida dos seus seguidores e amigos, xa que a decisión nos foi comunicada con posterioridade, quero aproveitar o medio polo que habitualmente nos comunicamos para  despedirme e agradecervos a vosa atención e interese.

            Se en anos anteriores a pausa era só durante o tempo de verán, sabendo que  volveriamos en setembro, esta vez, lamentablemente, descoñecemos se será un adeus para sempre, perdendo esta canle pública o espazo que durante catro anos acudiu puntualmente á súa cita semanal cos amantes dos libros e da literatura.

            Foron 127 emisións, con máis de duascentas entrevistas a autores galegos (como Fernández Paz, Manuel Rivas, Marina Mayoral ou Luz Pozo Garza), e de fóra (como Bernardo Atxaga, Ferreira Gullar, Eduardo Galeano ou Luis Sepúlveda); con presenza en feiras como as de Guadalajara (México) ou Bolonia; con monográficos como os de Brais Pinto, Xosé María Castroviejo ou Ramiro Fonte; e, por que non dicilo, con recoñecementos como o Premio Fernández del Riego dos editores galegos e cunha audiencia que (sempre que a emisión foi os mércores ás doce e media da noite) triplicou a dos programas similares doutras canles públicas.

            Lonxe de calquera sectarismo, prestando atención ás novidades da nosa ampla oferta editorial, e achegándonos a clubes de lectores e librerías de toda Galicia, “Libro aberto”

acolleu autores de todos os xéneros e xeracións, que tiveron no espazo unha ventá inmellorable para conseguir a necesaria visibilidade na sociedade para a que traballan.

            Desde o convencemento de que pechar para sempre un espazo dedicado ós libros sería un gravísimo paso atrás, despídome de vós formulando o desexo de que en setembro, e como á volta dos tres veráns anteriores, a Televisión de Galicia volva deixar que a literatura atope un moi necesario espazo nas súas emisións.

            Un saúdo afectuoso,   

 

Luís Rei Núñez

Director de “Libro aberto”

       

ataquescampe e sen sabelo

xa verían que anda pola rede para a libre distribución e por man virtuosa da regueifa plataforma, o novo disco de ataque escampe, piratas polos que os moradores desta casa sentíamos devoción antes desta grande evasión, mesmo antes de saber que estabamos aí, acompañándoos nesa excursión musical, á altura do corte 12 e sen sabelo! estaba berlín e uns pequenos versos que falaban dunha cidade que non era tal. aí, deliciosamente versionados/pirateados/covereados/ ou como carallo se lle diga…

e vímonos tan bonitos…

molounos tanto!!! a min e a berlín gustounos ben ser transformados así, pola boca de ataque escampe. agradecida e emocionada proclamo tres hurras pola piratería!!

(mesmo nos pareceu un tanto tom waits ese instantiño…)

ais! ;)  estamos mui contentos!

 ;)

semana da poesía de barcelona

alá imos! será tamén a primeira viaxe en avión do noso be! uis….que nervios….

queredes algo de alá?

;)

fan

dios…teño un fan!!! que me fai covers!!! síntome coma unha estrela do rocanrrol :) 

adri, molas un montón.

alerxía á poesía

a razón do post anterior fixen tres descubrimentos reveladores: 

un: hai en lugo -igual xa hai moito, pero eu non o sabía- un colectivo de xentes coa poesía como desexo compartido e iso é, cando menos, motivo de ledicia para min pois xa pensaba que o dos colectivos poéticos acabara os seus días. por muitos anos, xa que logo.
dous: non só o hai, senón que ademais fixeron unha fermosa acción consistente en regalar poesía aos transeúntes deixando varias notiñas de papel pegadas pola cidade adiante con versos e frases de poetas de tódolos tempos.
tres: o concello de lugo, vese que é máis de prosa ca de poesía. mágoa. creo sinceramente que se no abrir do luns eu mesma atopase un anaquiño de benedetti colgado da farola contra a que bato o coche tódalas mañás non iría así, sen máis, monotonamente, ao curro.
iría intrigada. intrigada polo anaquiño de papel. intrigada por benedetti. iría diferente a como vou acotío.
preguntándome polo impacto que a poesía ten no medio dun acto completamente cotiá.
en que se mide iso? newtons?  faradios? simples metros?
;)
Hoy me hicieron un test/ el decisivo 

tengo alergia a la nuez al humo al polvo 
a la estremecedora belleza de la iguana 
y al concierto de piano de rachmáninof 
a las bruscas galernas de noviembre 
y al importuno celo de los oportunistas 
a la oculta violencia de los conciliadores 
al papamóvil y a las pompas fúnebres

hoy me hicieron el test/ todo está claro 
tengo alergia a la soja al ácaro y al moho 
a risas y sonrisas de hienas y giocondas 
a la mano que esconde napoleón bonaparte 
a la otan el usis el kgb y la cia 
y al inútil paraguas contra el viento 
al débil sindicato de los zánganos 
y al matriarcado de la abeja reina

hoy me hicieron el tes/ al fin me entero 
tengo alergia al coñac/ al tomate/ al tanino 
a los monos en jaulas/ al doblaje en el cine 
a la picana eléctrica/ a la hora del ángelus 
y hasta a los presidentes con pulcro bisoñé 
al opus dei y a los posmodernistas 
a los gaudeamus y a las cuchipandas 
y/ no faltaba más/ a los tests sobre alergias. 
 

benedetti para a bolboreta curda.

Staypressed theme by Themocracy