taller e sopa de alg-as

este sábado hai movida de poetas en valadares, no lab alg-a. promete ser unah festa moi curriña, con rock, rap, punk, artistadas tecnolóxicas varias e uns vates vates do máis divertido.

ademáis menda dará un taller de poesía acme para poetas modernos. aquí a información:

Dentro do festival de poesía Sopa de Alg-as que se celebra a vindeira fin de semana en Vigo, María Lado, pseudónimo de mariademallou, impartirá un taller de poesía e desbarres que se poden facer con palabras. O taller, de catro horas de duración, desenvolverase entre venres e sábado a mañá. Para anotarse basta con escribir a m i g @ a l g -a . o r g (se os espazos) coa mensaxe: “quero ir” ou calquera outro sinónimo oportuno. Aqueles que o desexen, despois do taller, poderán mostrar o seu traballo ao público no espazo reservado para iso durante a xornada do sábado.
É de balde.
Pódese pedir máis,si, pero este non é o lugar ;)

Comments are closed.

Staypressed theme by Themocracy