partido de poetas


vou no coche e escoito a radio. é moi cedo, tanto que ás veces sospeito que aínda non teño todo o cerebro prendido e penso a medio gas. tenche que ser iso, non hai outra explicación.  polas ondas fala o presidente. e eu, xa digo que vou aínda coas legañas postas e non teño a certeza de escoitar ben. pero creo que dixo o que dixo e eu non sei como non me mato,  do susto, como non teño un accidente. porque as cousas que lle escoito a feijoo son surrealistas. síntoo falar de autogoberno galego e da imposición de madrí e  pregúntome se feijoo se fixo da upg ou que carallo está pasando. porque fala do das caixas e larga un discurso nacionalista que faría saltarlle as bagullas emocionadas ao mesmísimo castelao. e toda esta idea leveda co apoio do bng a medida o pp, o que non fai outra cousa que confundirme sobremaneira. é alucinante a política da terxiversación lingüística. feijoo fala de liberdade, de imposición lingüística, de autogoberno e aínda ten coraxe a dicirlle a ferrín (a ferrín, ollo, nin máis nin menos que a ferrín!) que se deixe de latricar e que defenda o galego. manda carallo na habana. querido feijoo, teño que recoñecerlle a súa habilidade,os seus  sonlle exercicios de equilibrio semántico encomiables.

paro na estación de servizo e apago a radio. non o fago por precaución. fágoo porque me confunde e aínda é noite. cando vou pagar vexo un coleccionable de poesía española e, ao lado, a voz de hoxe. 

partido de poetas, penso en alto.

como dice? , pregúntame a tipa co meu carné na man.

nada, nada,cousas miñas, vostede cobre…

será iso. será que feijoo e os seus son uns poetas.

daquela ferrín non sería máis ca un político.

Comments are closed.

Staypressed theme by Themocracy