nadal no teu correo

agora si. velaiquí o está; cos seus nenos cantando números, as cestas de xamón e mazapán, as longas fileiras de xente que visa en man agarda ao pé dos mostradores, a xiada das sete da mañá nos cristais do coche, os quilómetros que facemos os que volvemos á casa por estas datas e polos langostinos, os amigos invisibles, as ceas, as comidas, as merendas, o champán, a resaca do champán, as comidas, as merendas, as ceas (non insisto máis que aquí a todos nos gusta a cuchipanda e sabemos de que vai isto) e esa cousa tan entrañable que son as postais de nadal. 

se nunca fixeches unha postal de nadal é que non es humano. sinxelamente es un replicante que non tivo infancia nin pasado e ao que por enriba algún técnico desalmado esqueceu insertarlle esa memoria. certo é que nos tempos que corren hai quen pensa que a postal é substituíble polo sms, máis ou menos chisposo ou entrañable, que se pode enviar a última hora e, sen ningunha análise previa, a toda a axenda telefónica. pero iso, ademais de ser un erro -porque aínda que ti non o creas moita da túa axenda non saberá quen es cando o reciba e estarás gastando corenta pesos en balde- non é comparable coa emoción de recibir un anaquiño de cartón ilustrado ou enviar, vía telemática, uns cantos ceros e uns ordeados en forma de acivro e cirio iluminado. se es dos primeros, dos do sms, as telefónicas están refregando nas mans agora mesmo e non é polo frío. pero se es dos segundos ti mereces a nosa postaliña, que carallo!
nadalbe

Comments are closed.

Staypressed theme by Themocracy