dereitos, autores e pensamentos impuros

pecado-original
hai xa un tempo que me veño preguntando se os cristianos 2.0 van confesar e lle contan ao cura que se baixaron a última de crepúsculo do emule. tamén me pregunto cantos padrenuestros custa iso e como os calcula o cura, se teñen un protocolo do vaticano ou algo así… porque se compartir é delito supoño que tamén será pecado e terei que facer esforzos considerables para salvar a miña alma, iso se non estou xa definitivamente condenada ás chamas eternas do inferno (con todo o frío que levo pasado eu nesta vida, igual non me vén tan mal).
sei tamén que non son a única á que agonian estas dúbidas espirituais. os da sgae tampouco descansan coa precupación e ollo, non son os únicos. entendo que estean preocupados porque, hombre, hai que defender os dereitos do autor! o resto é ser un delicuente, un pirata, unha persoa sen corazón que odia a música, o cine e a literatura, que non respecta aos creadores. e si: un pecadento!!!
pobres autores….que sería deles sen o canon e os restrictivos e case eternos dereitos? ninguén se acorda do pobres que eran o smúsicos, por exemplo, cando había cintas e as gravábamos unha e outra vez para amigos e familiares? cantas familias de artistas non arriunou a TDK?
agora ben, aproveitarei este momento para confesar que eu teño malos pensamentos, pensamentos impuros. e que me imaxino unha cultura máis libre, adecuada aos tempos e posibilidades que hoxe temos, na que compartir e respectar os dereitos dos creadores con cordura, sen facer deles a bandeira dun negocio máis que sospeitoso. recoñezo que teño pensamentos impuros e que só son quen de sacalos da cabeza con duchas frías de realidade. do autor víveche moita xente. que sería de editores, fabricantes, distribuidores, comerciantes, axentes, managers, herdeiros e demais curia se andamos regalando as cousas, eh? pois seríache a fin do mundo, vaia. nunha palabra: a apocalipse.
así que estean precavidos. vaian confesando.

(a imaxe é roubada a miguel anxo -e non, non é fernán vello-. anque creo que el tamén a copiou dun libro, por se queren denuncialo…)

Comments are closed.

Staypressed theme by Themocracy