rabia e codeína

apreto forte os dentes porque me cabreo. xa me cabreaba antes pero  dende que vivo aquí cabréome máis.  fódeme que no bar comenten  qué graciosa coma se estivesen vendo un indio con plumas na cabeza,  fódeme que as dependentas me miren con cara de sorpresa e me digan graciñas para facerme o favor de falarme galego, fódeme que o carniceiro me pregunte tres veces que quero cando lle pido un coxote de polo se llo estou sinalando co puñetero dedo!, fódeme que as señoras miren o meu fillo con mágoa porque lle digo palabras das que elas renegaron e fódeme que o puñetero presidente e toda esa caterva de bichicomas que nos gobernan e sangran desprecen a nosa cultura e a nosa lingua e nos chuspan na cara sen remordementos.

apreto os dentes tan forte que me doe a mandíbula durante días. necesito unha boa dose de galego e codeína.

Comments are closed.

Staypressed theme by Themocracy