aldao+lado e as poetas modernas

aldaoladocoru2
 parece un conxunto de rópoc ou pocróc pero en realidade é exactamente iso que se di: aldao, lado e as nosas alumnas do curso no post anterior citado. e dicimos modernas porque  é que son case todas mulleres (laméntoo polo home que dis que foi o primeiro día). e se elas se animan e vos vindes aplaudir pode quedar unha cousa simpática, unha velada desas entrañables que ás veces a poesía e a vida nos regalan.
si, xa sei que é tamén a fin de semana do evento antes coñecido como culturgal e que hai exceso de programación cultureta na cidade da torre. pero iso non é excusa para non vir tomarlle unha cervexa cun par de poetas. faremos os nosos mellores chistes. avisados estádes.

Comments are closed.

Staypressed theme by Themocracy