operasión nécora

daquela eu era unha rapaza e  o narcotráfico a empresa máis próspera do país… foi coma unha viaxe no tempo.

todo foi a conta de ir ao alcampo ese por unha piscina que finalmente non mercamos, que acabamos collendo un centolo de vai ti saber onde (o mar de aquí nunca o vira, non sabía nin para que lado quedaba) e unhas nécoras iralandesas (mimá! irlandesas! eu non sabía nin que en irlanda había nécoras). e largarmoslle detrás un alvariño bo.

tamaña cea só podía ser acompañada da caixa negra dedicada á operasión nécora… foi coma unha viaxe no tempo. daquela eu era só unha rapaza e o narcotráfico a empresa máis próspera do país. pero daquela aínda se lle chamaba contrabando e os malos eran os polis…eu teño xogado ás descargas e os que perseguían aos narcos eran os do equipo A… manda nabo

Comments are closed.

Staypressed theme by Themocracy