alicia no mundo dos galegos

avisa -despois non digan que é traidor- o outono coa auga a mares e eu, detrás dos vidros desta amareliña e cálida oficina, case silenciosa, escribo a alicia ao ritmo de teclado extraplano. o son é agradable. por el se convocan as estrañas criaturas que viven aló abaixo, no wonderland de carroll, e fan fila diante da miña mesa para que os vaia metendo nesta versión en galego que fago por gusto e pedido. a primeira en saír é sempre a rapaza, asegúrolles que a única sensata en toda esta historia. tanto que parece de fóra. ela vén e fai o que lle mando “pónteme aquí, neste párrafo e vai camiñando ata o bosque…agora para aquí, ao lado do cogomelo, podes sorrirlle á eiruga? así, moi ben…” agora que os outrs sonche o demo, non che son tan fáciles de levar coma a alicia. o sombreireiro e a lebre esa xa me teñen negra, a eiruga acábame coa paciencia con tanta pregunta, o gato, a mesmísima duquesa…para todo che teñen unha pregunta e nunca son tan retóricas como semellan. puñetera filosofía de vida. parecen galegos. parecen de fisterra, carallo. 

alicia súa tinta. o seu racionalismo non está afeito a lidia con tanta retranca. imos facer un descansiño.

-nena, tráioche un café?

suspira, déixase caer derrotada sobre a silla. dime que si coa cabeza.

-e unha galleta? ques tamén unha galleta?

a lebre de marzo achégase a ela. repasan a escea do té .

-mellor póñolle tamén unha gotas

3 Comentarios

  • Por Rosalía, 19 setembro 2009 @ 4:21 pm

    Encántame!

  • Por fili, 21 setembro 2009 @ 1:00 am

    Dalle un cafe con cheiriño como se dis por aqui, a ver se a rapaza se anima. Se quere enviolle un paquetiño de galletas de trocitos de chocolate acabadas de sair do forno!
    Mentras non chegan, enviote bicos cibernauticos a familia e en particular ó neno mais guapo de Galiza e demais países da fonteira.

  • Por eT35ELISABETTA, 2 febreiro 2010 @ 5:48 pm

    The section of your work is unbelievable. People, which purchase the pre-written essays at essay help service should know about your good enough article. With this knowledge that would be more simple to have a success.

Outras ligazóns para esta anotación

RSS semente para comentarios a esta anotación. URI do trackback

Deixa un comentario

WordPress Themes