arde

mallou arde. se ao monte de carnota lle quedaban catro sombras xa van aló, pois onte á noite as lapas chegaron á súa cita estival con terrible puntualidade.
teño un cabreo que non me cabe no peito. estou tentada de artellar un comando, ir de nuite encapuchados nun catro por catro sementar carballos onde outros queiman.

que paísiño.
me cagho na nosa sombra

  • By nenodanorita, 17 Xullo 2006 @ 2:34 p.m.

    Non sei que disir, é unha maldisión que temos, teño o corpo negro. Nós non lle fixemos dano a ninguén para que nos fagan isto sempre cíclicamente.
    Unha aperta de ánimo María

  • By TXARI, 17 Xullo 2006 @ 3:29 p.m.

    como o efémero da arte o máis bonito que pode façer a naturessa levao o lume, a contaminaçom, o superpoboaçom…pero a gemte nom vive do arte, nin come diso, a gente vive num lujar, cumas condisións…a ira ás veçes nom pode frenar nos poros e rebule pola cara, se cadra matar nom está tan lonje de calqueira mente humana…

  • By arsenio, 17 Xullo 2006 @ 4:01 p.m.

    Ola

    Eu teño unha pregunta: a zona esa é zona de eucaliptos?? Espero que si.
    É certo que todo lume no monte é unha desfeita e non sei se serve de consolo, pero (e sinto que vou ser un pouco racista) prefiro que ardan 200 eucaliptos antes ca 1 carballo gordo deses que hai, desas árbores feitas para dar sombra, como teñen que ser as árbores, e non coma os eucaliptos, todos apelotonados e con catro follas cada un. O malo é que algún carballo, castiñeiro, bidueiro, ameneiro… ha de ir polo medio. E eses si que non se volven replantar.

  • By osondaxordeira, 17 Xullo 2006 @ 4:10 p.m.

    Apúntome a ese comando!

  • By contosdexallas, 17 Xullo 2006 @ 5:08 p.m.

    … Onte en Carnota oianse os enllos dos pinos… Onte a praia cheiraba a borralla… Onte non pisaba area senon cinzas… Onte habia nubes negras a pesares de que quentaba o sol… Onte lembreime de Maria de Mallou… E estou en conta da pena de morta, dame igual que sean brancos ou negros, pinos ou eucaliptus…

  • By nenodanorita, 17 Xullo 2006 @ 5:12 p.m.

    Arsenio… non digas parvadas anda. Calquera persona medianamente relacionada co medio sabe que se arde un alcolito no seu lugar nacen tantos como sementes teña neses momentos, é dicir, por un alcolito queimado varios centos nacerán. Os alcolitos soio se desterran arrincandos de raiz ou con depredadores naturais como o goniterus ou os koalas. O monte veciñal en mancomún de Mallou estaba prantado de piñeiro, de carballo e de castiñeiro, dependendo da idoneidade da zona do monte que falemos. Mais era un bosque frondoso, con zonas onde a luz do sol non chegaba pola sombra das árbores.
    Unha magoa

  • By sara jess, 17 Xullo 2006 @ 8:06 p.m.

    e nós, que percorrimos toda esa zona no supercoche pensando que non nos salvabamos dos precipicios, e agora son os carballos os que xa non están.

    dentro de pouco só nos van quedar as penas no paraíso.

  • By arsenio, 17 Xullo 2006 @ 11:37 p.m.

    Vaia, pois eu iso non o sabía. Ou sexa, que se non arden quedan aí e se arden aínda saen máis. Menuda…
    Desdígome de todo o dito :)
    E digo eu, de que se vai replantar toda esa terra? Das mesmas especies que había ou de que?

  • By Anonymous, 18 Xullo 2006 @ 8:37 a.m.

    comando, comando !

  • By bandini, 18 Xullo 2006 @ 9:49 a.m.

    nos quemamos vivos en un caldo de ignorancia y egoísmo. somos bárbaros vestidos de etiqueta.
    la destrucción del medio es el problema más grave que tenemos y no se habla de él más que en ocasiones, no está entre las preocupaciones principales de los ciudadanos ni de los políticos.
    acabaremos teniendo un bonito país de ceniza

  • By Avogado Do Diaño, 18 Xullo 2006 @ 10:10 a.m.

    … Nalgun sitio os mierdaleños teñen que facer os dous campos de golf da costa da morte … Para que despois de traballar os percebeiros e os mariñeiros vaian xogar un pouco cas bolas

  • By nenodanorita, 18 Xullo 2006 @ 10:37 a.m.

    Avogado, noutros moitos casos pode ser… máis no caso de Mallou, Maceiras e Lira dificilmente pode ser eso, por varias razóns. Porque son montes moi pronunciados, porque son montes veciñais en mancomún (polo tanto inalienables), porque segundo a vixente lei do solo de galiza calqueira monte que queime non se pode recalificar en 30 anos. Eu botaría a mirada máis arriba, cara o alto da serra que arrodea o val de Carnota, e formulo as pregunta: De que están plagados os bicos de toda esa serra agás onde onte queimou? Que tipo de instalacións son incompatibles coa arboreda?

  • By acedre, 18 Xullo 2006 @ 11:03 a.m.

    Lembreime de ti cando mirei o telexornal.
    Un saúdo.

  • By Marinha de Allegue, 18 Xullo 2006 @ 5:03 p.m.

    Realmente é unha situación traumática…

    Unha aperta e a miña repulsa ante estes atentados á natureza.
    :)

  • By From Hell, 18 Xullo 2006 @ 5:43 p.m.

    Ti xa sabes que eu apuntome ao do comando e ao que faga falla…
    Pero xa de paso, tamén quemamos algunha igrexa que nunca está de máis…
    coas boas tardes que teño eu pasado en mallou. ¡Cago na…

  • By mariademallou, 18 Xullo 2006 @ 6:34 p.m.

    pois si, amigos, eu tamén estou entre o cabreo e a desolación… aló foi o monte que levaba sete anos sen arder. manda carallo.

  • By Lúa Neghra, 19 Xullo 2006 @ 9:20 a.m.

    Pasado mañán xa vou para Mallas (Fisterra) cun comando de trinta pícar@s e vari@s monitores/as… Campamento temático: «Vén recoller pedrolos de chapapote (que aínda quedan) e fuxir das lapas con nós! E, polo medio dos apartamentos e hoteis, a ver se tes sorte e atopas a praia, rapás/a. Cada ves dá máis peniña ir ao monte / costa / calquera zona de Ghalisia. Que nos ha quedar?
    P.D. Andarei co/as pícar@s de roteiros por Corcubión, seghuramente… Visitámonos e arghallamos ese comando?

  • By mariademallou, 20 Xullo 2006 @ 7:40 p.m.

    pois era boa idea, chámasme?quedas toda a finde?

  • By covelow, 22 Xullo 2006 @ 7:54 p.m.

    Mirate a Residencia do Deuses, un tebeo de Asterix que che di como replantar a toda oxtia o monte, se tes un druida entre os teus colegas. Por certo, que fala sobre o tema da especulación inmobiliaria.
    Entre as madeireiras, os especuladores e demais, en vez de un comando hai que formar unhas forzas armadas. Eu apuntome a conducir un tanque para lanzar pepinazos sobre as excavadoras.

  • By Anonymous, 8 Agosto 2006 @ 11:06 p.m.

    Levo 7 anos en madrid, e só penso en voltar a galicia… Mais vendo o panaorama case que prefiro marchar a Alaska se e que que aínda non chegaron os condenados ali. Aínda recordo os verans de rapaz nos montes de Carnota e a idea de que este todo quiemado e a cambio uns bonitos apartamentos pra os da capital… dan ganas de chorar…

Other Links to this Post

Olark Livehelp

WordPress Themes