pérez pallaré no rick’s

xosemaría perez pallaré era un poeta de fene que, entre outras obras memorables, fixo pai a mario regueira do seu primoxénito poético. e nestes días o premio que leva o nome do citado poeta fai pública a súa segunda convocatoria para autores inéditos.
que liante eres mario, pero que ben che quedou. pérez pallaré estaría orgulloso de ti.
e a nós, sempre nos quedará portugal.
;)
oh paaaa!

o yacaré dos animasonho, ese tipo tan divertido que non para de repetir oh paaa!, volve a compostela esta semana. a compañía de títeres do brasil trae na maleta as clásicas bonecrónicas e o conto o ferreiro e o diabo. na sala yago a partir deste xoves e ata domingo.
eu non quero ir a escola eses días ;)
ofrécese cidadán do mes
contacto: horacio dopico
se precisas os servicios dun investigador en estado de sede permanente ou simplemente sentes unha curiosidade negra, atoparalo este xoves ás 20 horas na librería sisargas (curros enríquez 9, a curuña)
a noite das letras
e aí foi cando me decatei de que hoxe era día das letras.
ático
chicago é unha cidade populosa e trisilábicacon este verso comeza o ático de arsenio iglesias, poeta visitante desta casa e participante do obradoiro de poesía de fene dende hai xa uns anos, que ven de gañar o premio avelina valladares con este seu primeiro libro. ático é un lugar cheo da poética das cousas pequenas e cotiás, feito coa sabedoría dos que saben ver nunhas mans estendidas un regalo e coa ansia dos que comparten sensacións do corpo.
lean un pequeno adianto na casa do hqtordv.
de barsowia a barcelona
eh…xa vos dixen que para votar é aquí?
non queda nada. xa están nos días dos últimos preparativos, e por suposto, xa se saben as datas e lugares nos que comezarán a súa ruta as dúas carpas con música e teatro e o arredemolab que constitúen o proxecto da cultura circula. arredemolab é un laboratorio informático itinerante montados en dous camións alimentados pola forza do software libre que achegará as virtudes das novas tecnoloxías a varias comarcas galegas. un proxecto aberto á participación e ao intercambio con moito para ver, facer e experimentar.
a partir do 4 de maio a lura marula estira os seus tentáculos. anden atentos!

